Cociña Galega tracional e moderna

Temario de cociñeiros

Junio 10th, 2008 Posted in Novas | 3 Comments »

Aqui presentovos o novo temario para cociñeiros da editorial CEP, case acaba de sair do forno e está pensado para prepara as oposición de Cociñeiros do SAS (Servicio Andaluz de Saúde), aínda que se pode adaptar para outras oposicións.

Pois o motivo de que vos fale do libro é que un bo compañeiro meu e gran profesional: Oscar Fernández Paz e eu mesma colaboramos na redacción do mesmo xunto a varios profesionais de diferentes comunidades. Foi unha experiencia nova a de ser autores, pero dura e laboriosa…

Pola miña banda xa podo decir: Tiven un fillo, prantei unha arbore e escribin un libro(bueno solo unha parte del.)

A foto do libro a pondrá proximamente o meu fillo Pablo, pois eu ainda non sei.Libro

Coquiños

Junio 5th, 2008 Posted in Postres, Recetas | No Comments »

Xa que tivo éxito a anterior receta.Deixovos unha receta nova e fácil, fácil…Así q a poñerse cás mans na mas ou no coco.

Boliñas de coco con chocolate:COQUIÑOS

Ingredientes:

· 200 gr de coco relado

· 200 gr de azucre

· Reladuras de 1 limón

· 2 ovos

· Vainilla

· 200 gr de chocolate fondant

· 1 chorro de coñag

· Papel de manteiga

Preparación:

1. Batimos os ovos.

2. Engadir o azucre, seguir batendo e botar a vainilla máis as reladuras de limón e o coco.

3. Traballar coas mans. (amasar).

4. Facer boliñas e poñer sobre o papel manteiga, có forno prequentado a 180º ata que esten.

5. Fundir o chocolate ao baño María, xunto có coñag e botarllo aos coquiños.

*Son faciliños de facer incluso polos nenos así que, animaros!!!

Receta de: Tortiñas de mazás e pexego (outra maneira de tomar froita)

Mayo 22nd, 2008 Posted in Postres, Recetas | 2 Comments »

Ingredientes:

  • 1 mazá tipo golden.
  • 1pexego maduriño.
  • 1cunca de fariña.
  • Media cunca de leite.
  • 1 pizca de sal.
  • 1 ovo.
  • 50 gramos de azucre.

Elaboración:

Tamizamos a fariña para un bol e no medio botamos o leite, o sal, o ovo e mesturamos todo cunhas barillas.

A mazá e o pexego pelamolo e picamolos moi miúdos, xuntamolo co resto dos ingredientes.

Nunca tixola quente (con unha pinga de aceite) botamos montociños circulares e en 1 minuto damoslle a volta.

Retiramos e espolvoreamos de azucre.

Comense quentes ou frías e podense acompañar de tona.

Proximamente colgarei a foto,pero ¡¡estaban tan ricas que non me deu tempo a fotografalas antes de que se acabaran!!

A Galega no DiverSalmón

Mayo 22nd, 2008 Posted in Novas | No Comments »

A TVG tamén estivo o domingo 18 de maio con nós no Diversalmón 2008.

A presentadora cometeu un erro ao comezar a ensaladilla de arroz,salmón e verduriñas ao reves, pois comezou por xunto o aliño e rematou polo arroz, cousas do directo…pero ata o neno se deu de conta!!!

Asi tivo máis emoción ensaladilla ao revés.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Deixo aquí o video para que o comprobedes.

Diversalmón, grazas a todos!!!

Mayo 19th, 2008 Posted in Novas | No Comments »

Onte tiven a oportunidade de participar de 1ª man no Diversalmón (taller de cociña para os cativos)donde comprobei que aparte de ser un espacio para que os nenos se divertiran, aprenderan dun xeito lúdico, participasen na festa e foran os protagonistas, incentivar o consumo de peixe…

Grazas os monitores(voluntarios) que dun xeito desinteresado apoiaron a actividade en todo momento.Estos xóvenes deron o seu tempo dunha maneira totalmente desinteresada e con un sorriso.

A esta estupenda amiga e boa profesional, que sempre podo contar con ela:Fe Coucheiro que se entusiasma elaborando decoracións con froitas e verduras para que vexan os nenos e ambientar a festa  desinteresadamente,Graciñas Fe.

Nomear tamén o Concello de A Estrada, que demostrou estar preto dos nenos e que a festa do salmón fose participativa e aberta a diferentes sectores.

Agradecementos o parque a a gardería infantil Elfos por deixar utilizar as súas instalacións.

E a todos que de algún xeito axudastes e promocionastes esta iniciativa(prensa, Radio Estrada …graciñas.

Elena F.Baloira

Elfos co Diversalmón

Mayo 15th, 2008 Posted in Novas | 1 Comment »

Onte foi un dia repleto de cativos pois estiven a primeira hora da tarde na Garderia Infantil Elfos donde me esperaban 15 nen@s con moita ilusión e me sorprenderon co seu apetito o degustar unha ensalada de arroz con salmón e verduriñas.

Os nenos gustabanlle incluso o peixe e as verduras!! Que ben!!

E poñian cara de delicia mentras carrexaban cullerada a cullerada a súa boca. Valeu a pena a experiencia que me confirma que polo menos estos nen@s non lle fan feos as verduras ni ao peixe.

Máis tarde tiña outra cita neste caso cos rapaces de Elfos Parque (de 3 a 12 anos), o prato a degustar era o mesmo que para os da gardería e neste caso os convidados estaban moi puntuales e botaron a voar a súa imaginación,elexindo e montando os pratos cós ingredientes, dende caras ata casas e arbores lle deron vida nos seus pratos antes de proceder a aliñarlos e nesta ocasión elexiron unha vinagreta de Módena a mel e logo alguns o comeron sen máis dilación mentras outros optaron levar o seu prato para a casa dode llo ensinarian os pais e o compartirian con eles.

Sintome satisfeita por participar nesta experiencia enriquecedora e o domingo repetimos no Diversalmón do Concello e alí agardamos a tod@s.

A nova tamén foi recollida na Voz de Galicia baixo o titular de “MiniChefs en A Estrada”.

Fotografías:

[Album not found]

Oferta de emprego

Mayo 12th, 2008 Posted in Novas | 5 Comments »

Estou indiganada porque atopei unha oferta de emprego donde piden unha cociñeira limpadora e non lle solicitan nin titulación, nin experiencia profesional…nada. Por encimma é para cociñar para nenos dunha escola infantil(entre 0 e 3 anos) segun este anuncio valelle calqueira muller para asumir esta responsabilidade de cociñar para estes nenos.

E como se piden un enfermeiro limpador e sen titulación, indignante para o colectivo de cociñeiros que en pleno século 21 as empresas crean que para cociñar e responsabilizarse da alimentación de un colectivo sirva calquera.

Aqui vos deixo a oferta.

Descripción de la Oferta:

Buscamos una cocinera, limpiadora para una escuela infantil.

Horiarios de 10 a 16 H.

Se ofrece:

- Menos de 18.000 € Bruto/año

- contrato Por Obra o Servicio de duración a convenir

- Jornada laboral intensiva – mañana

Se requiere:

- Sin estudios

- Sólo Prácticas / Becario

Ser una persona muy limpia y meticulosa con la manupulacion de alimentos.

RESIDENCIA EN MARBELLA.

Areas de servicio

Mayo 10th, 2008 Posted in Novas | 2 Comments »

Hoxe vou a falar das áreas de servicio que se atopan nas au,topistas, donde poder descansar,tomar algo…Visto asi está moi ben e son necesarias pero o servicio que ofrecen é pésimo,falo das que visitei ultimamente(En Portugal) e non quero xeneralizar, que oxala non sexa asi en todas!!!

Os baños polo normal están sucios, sen papel, algun ata pechado, botando auga por fora… que por que non hai outro lugar preto onde ir senon ali non me pillaban.

Os prezos ainda que están en varios casos expostos ao público (que non en todos) son moi elevados,por exemplo un descafeinado custoume 1´35€ e servironmo nunha taza astillada, unha magdalena 1 €… pois ao xantar tamen paramos noutra estación de servicio e non tiñan expostos os prezos do menú q tiñan e non daban atendido co montón de xente que acababa de chegar, pois comoa fame apretaba e solo lles quedaba costilla(case sen carne) con arroz blanco o pedimos (prezo 9´35) e un puding que tiña boa presentación(2´65€)a botella de auga 2 € e o bolo de pan 60 centimos, e xa non pedin café!!!Pois en total 14´60€ por mal xantar, pouca cantidade, prato único,case templado, mal servizo e agardar 10 minutos nunha cola.

Conclusión: Se ides de vacacións e tedes que parar en éreas de servicio,levade o bocata da casa ou mellor unha empanada,eu o farei na próxima ocasión.

Platos de salmón e verduriñas para cativos!!

Mayo 4th, 2008 Posted in Eventos, Novas | No Comments »

O Concello de A Estrada contactou conmigo para desenrrolar a actividade do Diversalmón, como fai dous anos a cal foi unha experiencia nova e enrriquecedora o ver como @s nen@s se implicaban en elaborar o seu prato con ilusión e un amplo sorriso e querian repetir a experiencia…

Deixovos aqui unha nova pulicada hoxe na Voz de Galicia.

Onde ao meu parecer salientaría o seguinte: “O obxectivo do Diversalmón é triplo. Por un parte ofrécese unha actividade lúdica infantil, por outra se fomenta a igualdade de nenos e nenas na repartición das tarefas domésticas e para rematar inténtase potenciar o consumo de peixe na poboación infantil.”

Blog INAUGURACIÓN!!

Mayo 4th, 2008 Posted in Aperitivos, Novas, Postres, Primeiros Pratos, Recetas | No Comments »

Este blog nace hoxe, logo de varios meses de xestación. A nai son eu eo pai é o meu fillo Pablo que sempre me está informando e apoiando nestes menesteres (parte técnica)

Eu adicome a cociña de xeito profesional e outras actividades relacionadas co mundo da hostaleria, impartir talleres de cociña, cursos, xornadas…

Aquí vou a expoñer novas,eventos, talleres… Relacionadas co mundo da cociña/ restauración/ alimentación…e tamen outras que xurdan.