Cociña Galega tracional e moderna

Sobre mín

Esta web nace coa finalidade de crear un espazo virtual da cociña, donde todos poidades consultar receitas, trucos e algun prato da autora.

Son Elena F. Baloira e adicome ao arte e ciencia da cociña. Os meus estudos nesta especialidade comezaron na “Escola de Hostalería de Santiago de Compostela” (IES Compostela). Donde finalmente acadei a titulación de “Técnico Especialista en Hostelería e Turismo”, especialidade de Cociña. Para complementar esta formación realicei diferentes cursos relacionados co sector, co fin de especializarme noutros eidos da cociña. Dos cursos realizados destacan.

  • Curso monográfico do bacallao e a súa cociña
  • Alimentación e nutrición, curso de perfeccionamento para profesores. Realizado no “Centro Nacional Escuela-Hotel Bellamar de Marbella”
  • Curso de Formador Ocupacional
  • Monográfico de Cociña Oriental
  • Cociña Creativa
  • Protocolo na hostalería

A miña experiencia na hostalería abarca sectores como Hoteis, Restaurantes, Cociña para Colectividades, … Dentro do meu eido profesional adicome ao ensino, impartindo diversos cursos de cociña, repostería, nutrición. Tanto para formación continua , ocupacional e asociacions (Amas de Casa, Asociacións Culturais, …) .
Considerome unha privilexiada xa que ne agrada o traballo da cociña e o contacto coa xente.
Para min é un reto e unha ilusión cada día dun curso poder transmitir o que sei @s asistentes e anima-los a que se poñan mans a obra; xa que o importante é facer os pratos con cariño e a técnica apropiada !!Ese é o gran segredo de cada preparacion!!

Divirtome investigando e experimentando con novos sabores e texturas diferentes.