Cociña Galega tracional e moderna

Actividades

Estas son algunhas das actividades nas que colaboro:

Festa do Salmon 2006 – Stand de Elena F. Baloira

No Stand de Elena F. Baloira promocionanse productos da horta estradense da S.C. Peregrina de Lamas. Nesta edición pretendemos dar a coñecer e publicitar os productos da nosa zona, ademáis presentaremos o salmón en conxunto con estas hortalizas dunha forma novidosa. (inicio)

DiverSalmón 2006

Actividade organizada polo Concello de A Estrada mais Elena F. Baloira, que se celebrará o 21 de Maio (Domingo). Ubicado na Alameda Municipal (se o tempo o permite, senón trasladarase a Praza de Abastos). O DiverSalmón consistirá en:

  • En primer lugar pintarán un mandil para preparase a cociñar un prato sinxelo con salmón.
  • logo o fornearán, e finalmente podrán degusta-lo, antes de entregarselle unha figura de globoflexia.
  • Como sorpresa entregaraselle unha golosina de salmón, elaborada por Elena F. Baloira coa colaboración de Fe Coucheiro Gestoso

Con esta actividade perseguimos os seguintes obxectivos:

  • Os rapaces se divirtan e participen na festa activamente, nunha actividade novedosa.
  • Elaborar unha prato sinxelo cás súas mans sendo os protagonistas eles e o salmón.
  • Existencia dunha actividade nesta festa adicada exclusivamente aos cativ@s.
  • Realizar un traballo manual(un mandil), co fin de adentralos máis no mundo da cociña e por suposto que non se ensucien.

Exaltación Gastronómica do Xabarín 2006

Nas datas do mes abril organizase no Concello de Cerdedo (Pontevedra), unhas xornadas de exaltación e degustación do xabarín. Nelas colaborei dando unha conferencia práctica donde desenrrolei a receita de “Xabarín a pementa negra”. No evento compartiu cartel con profesionais da zona como Christian Gait. (inicio)

Elfos Parque

No parque infantil “Elfos Parque” (A Estrada), desenrrolei un bloque temático sobre a cociña. Dirixida dunha forma lúdica para os máis cativos (nenos entre 3 e 10 anos). Con estas clases de cociña busquei os seguintes obxectivos:

  • Que os rapaces se divirtan e participen na cociña activamente, baixo a vixianza (de persoal cualificado). Realizando actividades sinxelas no eido da cociña
  • Mentras os rapaces se entreteñen, descobren un mundo novo da cociña (novos alimentos, sabores, texturas,…)
  • Introducir dende idades recentes uns hábitos alimenticios saudabels
  • Fomentar a participación, colaboración e traballo en equipo dos alumnos
  • Mentras participan nas actividades de cociña, ós nen@s nunca son diferentes entre eles, é decir potenciase a igualdade