Nace ACOGA
Junio 26th, 2008 Posted in NovasACOGA
Proximamente nace ACOGA- Asociación de Cociñeiros de Galicia ( o 28 de Xuño de 2008)
Somos un grupo de profesionais da cociña e da pastelería , titulados e con experiencia profesional demostrada, do sector público e do privado, faremos peso todos xuntos, para acadar metas ata o de agora inalcanzables.
Debido as inquedanzas de moitos de nós, e tras varias conversas con xente de outras provincias, e incluso con xente de outras comunidades españolas, como Castela,León ou Extremadura. Un pequeno grupiño de nós estivemos conversando con outras asociacións a nivel de España para que nos contasen o seu funcionamento, e de ahí tomamos moita nota.
No mes de Decembro reunímonos moitos de nós nunha cea que serviu para dar a coñecer a importancia que realmente supón tal creación. Observamos que a xente estaba totalmente de acordo coa creación de tal asociación.
Temos cada vez máis claro que igual que outros colectivos profesionais se asocian ,para intentar crear un ben común, nos tamén debemos de facelo. Creamos un grupo de persoas que compartan as mesmas ideas e traten de materializalas de forma común.
Terminemos co tópico de que para cociñeiro vale calquera, defendámo-los nosos dereitos e dispoñamos dun espazo común, a nosa asociación.
Despois de varios meses informándonos sobre cales son os requisitos necesarios para a súa creación, temos cada vez as cousas máis claras, e en breve reunirémonos de novo para poñelas en común.
Nestes intres estamos traballando a marchas forzadas para poder ter constituida a nosa asociación o antes posible.
ACOGA,(Asociación de cociñeiros de Galicia) que é o nome que vai a levar a nosa asociación, pronto estará na web, con asesoramento xurídico, con bolsa de traballo, formación e axuda.
Dar as grazas dende aqui a varios profesionais de estes e outros eidos que nos apoian e nos asesoran en varios aspectos( informáticos, xuridicos.
Estes son alguns dos fins e obxectivos da Asociación:
-Desenrolar programas de formación e reciclaxe mediante cursos, ponencias…, en definitiva todas aquelas actividades que persigan este fin.
-Velar pola integridade profesional dos asociados.
-Organizar actos públicos, congresos, xornadas co obxectivo de sensibilizar a sociedade en xeral sobre a importancia da alimentación de calidade con factor estratégico do desenrolo social e económico da profesión.
- Elevar ós poderes públicos as iniciativas, reclamacións e aspiracións dos nosos membros, afectando ó interés xeral ou as actividades para as cales esta asociación se constitue.
-Contribuir á recuperación da nosa memoria histórica gastronómica e que sexan de interese cultural e social.
-Potenciar no ámbito da hostalería a imaxe da muller.

One Response to “Nace ACOGA”
By belay on Jun 28, 2008
que seria GALIZA ou Galicia ??