Cociñando en Cortegada
Junio 14th, 2008 Posted in NovasHai uns días rematei un curso máis de cociña en Cortegada (Silleda), e cando digo un máis é porque de novo neste curso aportei algun coñecemento aos asistentes: algun truco, a manexar o coitelo, un postre novo, unha receta que aprenderon a facer… eso é o que pretendo eu cada día que imparto un curso:Aportar algo novo e proveitoso e que se emocionen aprendendo, e desde logo que participen. Sair do curso cansada pero sabendo que cumpriches os obxectivos faite sentir plena.
Neste curso elaboramos un postre moi laborioso e vistoso chamado pastelón no cal os alumnos se implicaron moito. Próximamente os falarei do pastelón, pero de momento os deixo unhas fotos do curso durante a súa elaboración.


